LUCES

A retranca incomprensible

"Todo o que dis sobre a retranca galega poderíaselle aplicar ao pobo xudeu", díxolle un colega a Rutherford cando este lle pasou o extracto da charla sobre o humor popular que deu recentemente en Santiago, convidado polo Clube Nacionalista Alén-Nós. Rutherford non quixo facer comparanzas entre escritores británicos e galegos, pois "un dos grandes riscos ao falar do humor é que a charla dexenere nunha serie de chistes".

A retranca galega compréndese ben, pero "aos rapaces de Oxford non hai quen lles mude a cara de pau cando lles poño diante un debuxo de Castelao". O profesor levou ao cabo en Oxford unha proba máis práctica da suposta incomprensibilidade da retranca galega. "Chovía moitísimo e, gardándome da auga, coincidín cun crego. Entón díxenlle: 'Parece que vai chover'. O crego miroume entre abraiado e cheo de compaixón e só me dixo: 'A verdade é que leva toda a mañá chovendo forte'". A teoría de Rutherford é que o humorismo, onde se inclúe a retranca, "é propio de pobos oprimidos". "A ironía e o sarcasmo son máis de pobos imperiais. Non sei se en Inglaterra a retranca galega podería ser interpretada como unha caste de falsía, como aínda pasa en España, pero eu desde logo tardei uns anos en comprendela, e durante un tempo pareceume mal".

Como soporte simbólico, segundo Rutherford, a retranca "vai desaparecendo ao tempo que desaparece a sociedade rural. Na xuventude xa non se nota a retranca"

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS